O Camiño

Spin Way porá a proba tanto a túa resistencia física como a túa creatividade e capacidade para innovar, compartindo o día a día con emprendedores e emprendedoras de diferentes países e culturas. Tes o necesario para superar o reto Spin Way?

Amanecer en El Camino - Spin Way

O Desafío

Con Spin Way terás o apoio de mentores para perfeccionar o teu modelo de negocio e o teu pitch. Ademais, participarás nunha experiencia única con universitarios e universitarias de toda a rexión iberoamericana, durante a cal serán fundamentais a túa fortaleza e a túa capacidade de traballo en equipo.

Se a túa candidatura está entre as 100 seleccionadas desta edición, terás a axuda dun mentor persoal para mellorar o teu modelo de negocio e recibirás feedback de alto valor para o teu proxecto emprendedor. Entre estas propostas elixiranse tamén os finalistas que viaxarán a Santiago de Compostela para vivir a aventura Spin Way.

O día antes de comezar o Camiño de Santiago haberá un taller preparatorio no que se darán algunhas recomendacións para seguir a ruta. Tamén se abordarán cuestións clave para a identificación de impactos sociais, económicos e ambientais para os emprendedores e emprendedoras finalistas. Xa durante o percorrido, recibirás ademais unha preparación especializada de cara á Pitch Competition que se celebrará como punto final do programa.

A Ruta

O itinerario de Spin Way axustarase ao percorrido tradicional do Camiño de Santiago durante os últimos 106 quilómetros do chamado “Camiño Francés”. Aínda que o percorrido final pode estar suxeito algún cambio ou axuste, a ruta prevista iniciarase na localidade de Barbadelo, rematando en Santiago de Compostela. Os participantes camiñarán durante 5 días, a razón dunha media de 21 km por día.

El camino

A Meta

Tras cinco intensos días, a túa meta será Santiago de Compostela, cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Alí, ademais de realizar a obrigada visita á Praza do Obradoiro e á Catedral, terás que demostrar, durante a Pitch Competition de Spin Way 2017, todo o que aprendiches nesta experiencia.

Un Xurado especializado composto por representantes da USC, de RedEmprendia, do OIJ, do INJUVE e doutras entidades colaboradoras e patrocinadoras será o encargado de elixir os tres mellores modelos de negocio desta edición, que recibirán unha mención especial no acto de clausura do programa.

Algunhas recomendacións para superar o desafío Spin Way

Preparación

Antes de comezar o Camiño, deberías ser capaz de facer sen problema 3 horas de camiñada a unha media de 4,5 km/h. Adestra un pouco cada día! As etapas de Spin Way serán un pouco máis esixentes. Xa durante o percorrido, lembra quentar e estirar sempre os músculos para evitar lesións. Os xeonllos, os pés e os tendóns serán os teus puntos febles.

A mochila

Canto máis lixeira mellor, que se adapte ben ao contorno das costas e cun peso recomendado de 8-10 kg (nunca máis de 13kg!).

Leva pouca roupa, con tecidos illantes dos cambios térmicos, capaces de manter unha fina capa de aire quente entre a roupa e a pel para que non se produzan perdas de calor. Con dous ou tres mudas completas debería ser suficiente pois hai servizo de lavandaría na maior parte dos albergues.

Coida os pés cunha crema anti-fatiga e leva calcetíns de algodón sen costuras para minimizar as rozaduras. O calzado debe ser impermeable, cómodo e suxeitar ben tanto o pé como o nocello (por exemplo, unhas botas de trekking). É mellor que non sexa novo e xa probases que é cómodo e que non che provoca rozaduras nin bochas.

Ademais do calzado de camiñar, necesitarás unhas deportivas cómodas para moverte polo albergue, ir cear, etc. Son recomendables unhas sandalias tipo piscina para acceder aos aseos e duchas.

Imprescindible o saco de durmir. Non é necesario que sexa moi groso. En setembro non ten por que facer frío polas noites (entre 12 e 16 graos probablemente), e non estarás á intemperie.

Inclúe tamén na túa mochila unha pequena caixa de primeiros auxilios, cantimplora, papel hixiénico e crema de protección solar.

Durante o Camiño

As comidas deben ser pouco copiosas e os descansos, breves e periódicos. Ademais da pausa física, as paradas serviranche para despexarte mentalmente e facilitarán a relaxación. Se te esgotas, tardarás máis en recuperar o ritmo.

Máis información útil en http://www.caminodesantiago.gal/gl/inicio