Inscrición

Lembra que a inscrición a Spin Way non ten ningún custo para ti e que se estás entre os finalistas terás cubertos aloxamento e manutención durante a túa participación no programa.

Ademais, se viaxas desde América Latina a España contarás cunha axuda do OIJ para os custos da túa viaxe.

Para poder vivir a experiencia Spin Way debes cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser estudante de último ano de Grao -ou estudos equivalentes- ou ben estar a cursar un programa de posgrao ou de doutoramento nalgunha universidade da rexión iberoamericana. Se xa remataches os teus estudos universitarios poderás participar sempre que obtiveras teu título no ano 2014 ou posteriores.
  • Ter un modelo de negocio que destaque polo seu elevado grao de innovación e potencial de crecemento, forte orientación ao mercado e alto impacto social, ambiental e económico nas comunidades onde se desenvolva.

E seguir estes dous pasos:

  1. Rexistrarte na web de Spin Way.
  2. Cubrir o formulario de inscrición ao programa achegando a seguinte documentación:
    • CV do equipo emprendedor.
    • Vídeo-Pitch explicativo del modelo de negocio.
    • CANVAS do modelo de negocio equivalente a unha páxina (por unha soa cara), e de tamaño non superior a 1 MB en formato PDF.
    • Documento que acredite a vinculación de, polo menos, un dos integrantes do equipo cunha Institución de Educación Superior de España, Portugal, América Latina ou O Caribe.

Para máis información podes consultar as Bases de Spin Way

Datas clave

Para todas as datas e prazos, tómase como referencia o horario español (Madrid)

  • Inscrición: do 17 de marzo ao 12 de maio de 2017 ás 14:00 horas.
  • Listaxe 100 modelos de negocio preseleccionados: 29 de maio.
  • Mentoría online para os proxectos preseleccionados: 5-14 xuño.
  • Listaxe provisional de finalistas: 28 de xuño (nova data de publicación).
  • Ratificación por parte dos/as finalistas: 30 de xuño e 3 de julho.
  • Taller preparatorio Spin Way: 6 de setembro.
  • O Camiño Spin Way: do 7 ao 11 de setembro.
  • Pitch Competition e Clausura de Spin Way 2017: 12 de setembro

Preguntas frecuentes

Quen pode participar en Spin Way?

Poden participar en Spin Way os estudantes que acrediten estar a cursar os últimos semestres dos seus estudos de Grao -ou equivalentes-, así como estudantes de posgrao ou doutoramento, de calquera Institución de Educación Superior con sede en España, Portugal, Andorra ou os países de América Latina e O Caribe. Tamén poderán participar aquelas persoas xa en posesión dun título universitario de Grao, Licenciatura, Máster, PhD ou equivalentes, expedido por unha Institución de Educación Superior iberoamericana no ano 2014 ou posterior.

Como podo presentar a miña candidatura ao programa Spin Way?

Todas as candidaturas a Spin Way deben presentarse a través do formulario de inscrición dispoñible na web do programa, achegando a documentación requirida.

A miña universidade ou institución de educación superior non ten a súa sede principal en ningún país iberoamericano, pero estudo nunha delegación súa que si se atopa nun país da rexión, podo presentarme ao programa?

Si. O fundamental é que a universidade teña presenza nalgún país da rexión iberoamericana, con independencia da súa localización de orixe.

Como acredito a miña relación con algunha institución de educación superior de Iberoamérica?

Os estudantes deberán presentar unha copia da matrícula no curso vixente. Os egresados deberán achegar copia en PDF do título universitario obtido (Grao, Licenciatura, Máster ou PhD) ou ben copia do resgardo acreditativo do abono das taxas para a súa emisión.

Spin Way é un concurso de plans de negocio?

Non, aínda que ter un plan de negocio facilita a elaboración dun modelo de negocio. Spin Way é un programa que brinda unha experiencia internacional única e apoio e mentoría personalizada para perfeccionar e fortalecer modelos de negocio. Neste programa decidimos usar a metodoloxía CANVAS de Alexander Osterwalder, que se converteu nun estándar nos procesos de formulación de modelos de negocio. Os diferentes documentos que se solicitan (resumo explicativo, vídeo-pitch, etc.) deben servir de apoio ao CANVAS do modelo de negocio presentado, permitindo unha mellor lectura do mesmo.

Podo participar se a miña empresa está xa creada?

Non. Só poderán concorrer a Spin Way proxectos emprendedores cun modelo de negocio que aínda non se constituísen como empresas.

Como debo presentar o CANVAS do modelo de negocio?

O CANVAS debe describir nunha única páxina as interaccións das principais variables do teu negocio. Recomendamos seguir a metodoloxía de Alexander Osterwalder para a súa elaboración. No seguinte vídeo podes ver que elementos ten que conter o CANVAS e como se relacionan entre eles: https://www.youtube.com/watch?v=OoshJr_cEgY. Tamén podes empregar este modelo para elaborar o teu CANVAS.

Que é un Video-pitch?

O Vídeo-pitch é un vídeo no que queremos que nos contes en que consiste o teu modelo de negocio, de forma breve (non pode durar máis de 1 minuto) pero completa, gravado sen cortes e sen apoio audiovisual/gráfico de ningún tipo. Só ti diante da cámara. Podes gravalo co teu smartphone ou cun equipo máis profesional, pero debes especificar onde podemos velo e/ou descargalo para que poidan acceder a el os avaliadores do programa.

Que aspectos se van ter en conta selección dos participantes?

Para a selección dos participantes en Spin Way terase en conta a documentación achegada polos candidatos a través do formulario de inscrición, así como a avaliación que realicen os mentores dos proxectos preseleccionados. Ademais, a organización poderá solicitar en calquera momento información adicional. A selección dos participantes atenderá particularmente aos seguintes criterios:

  • Calidade do modelo de negocio (mercado, proposta de valor, canles de distribución, relación co cliente, fontes de ingreso e orixe dos custos, actividades e recursos clave, alianzas, etc.).
  • Equipo promotor do proxecto (perfís complementarios, formación e experiencia).
  • Impacto social e económico da proposta (seguindo a fórmula Triple Line Bottom: people-planet-profit).

Ademais, a selección prestará especial atención á diversidade de xénero, países de orixe, linguas, culturas, sector económico e tecnolóxico dos participantes e dos seus proxectos.

Como se vai manexar a información sobre o meu modelo de negocio durante a miña participación en Spin Way?

Garantímosche que se respectarán en todo momento os aspectos de confidencialidade, propiedade intelectual e industrial e dereitos de explotación sobre os documentos e información que nos facilites. Soamente os avaliadores que participen no proceso de selección de Spin Way terán acceso a esta documentación, podendo os organizadores unicamente difundir as características xerais dos proxectos presentados, así como os seus nomes e os dos participantes, en especial dos gañadores.

O meu nome aparece na listaxe de finalistas, como fago para confirmar a miña praza?

Para confirmar que aceptas a túa praza en Spin Way deberás enviar un e-mail a spinway@usc.es desde a dirección de correo electrónico coa que te rexistraches no programa. Dispós de 2 días hábiles desde a publicación da listaxe de finalistas.

O programa Spin Way ten algún custo?

Non. A inscrición é gratuíta e os participantes terán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención desde o día 5 de setembro -día previsto de chegada a Santiago de Compostela- ao 13 de setembro de 2017 -día previsto de regreso ao seu lugar de residencia. Adicionalmente, os seleccionados que se trasladen a Santiago de Compostela desde algún país de América Latina recibirán unha axuda para a viaxe de 500 euros, que será achegada polo Organismo Internacional de Juventud para Iberoamérica (OIJ).