Experiencias

Aprendín moitísimo. Aprendín de negocios, de emprendemento, pero tamén aprendín das culturas do resto de América

Alejandro Piad. Universidad de la Habana, Cuba

[Spin Way] deume confianza en min mesma: agora creo máis en min e en todo o que podo lograr. E tamén coñecer xente incrible… Creo que nunca na vida vou esquecer esta experiencia

Agustina Tobías. Universidad del Salvador, Arxentina

Meybis Barrios. Universidad Interamericana de Panamá, Panamá.

Santiago de Compostela ensinoume que podemos lograr o que queiramos, sempre que teñamos a motivación e a inquietude para facelo. […] De Spin Way levo moitas amizades de diferentes culturas e países, unha infinidade de aprendizaxes, pero sobre todo ganas de seguir emprendendo e de dar o mellor de min

Dayana Loyo. Universidad de Falcón, Venezuela

O máis valioso que tirei desta experiencia foi coñecer a mozos emprendedores de toda Iberoamérica, agora moi bos amigos, e descubrir que compartimos un obxectivo común: mellorar como persoas e mellorar a sociedade

Dairon Lalín. Universidad Nacional de Honduras, Honduras

Eventos como Spin Way son claves porque saír das nosas fronteiras e realidades impacta. Moitas veces énos difícil atopar apoios nas nosas rexións, pero poder ampliar o panorama, con mentores e compañeiros doutras contornas impúlsache a buscar e a facer posible o cambio

Mauricio Céspedes. Universidad Nacional de Costa Rica, Costa Rica

Coñecer a persoas extraordinarias cunhas ganas inmensas de sobresaír e cambiar a realidade do seu país; convivir con eles, coñecer as súas historias, culturas e soños, aprender de cada un… todo iso simplemente non ten comparación

Itzel Marisol Garnica Palafox. Universidad Nacional Autónoma de México, México

Spin Way non só me deu forzas novas para enfrontar as adversidades da vida emprendedora con tesón e perseveranza, senón que tamén me aprendeu a traballar en equipo nas situacións físicas máis adversas e con recursos escasos. (…) A experiencia permitiume ampliar o concepto de emprendemento e aplicalo a outras esferas, como a social e a ambiental, en harmonía coa xeración de valor económico

Lina Lucumi. Universidad del Valle, Colombia

O máis valioso que levo de Spin Way son as amizades que fixen, unha de cada país iberoamericano. Se non fose por este programa, non tería a oportunidade de forxar os lazos que temos actualmente

Víctor Domínguez. Universitat de Girona, España

Vin con todo o entusiasmo, alegría e sentido da aventura que se lle presupón a toda primeira experiencia internacional. Pero estar en Spin Way superou as miñas expectativas, foi o maior reto da miña vida

Yanira Portella. Universidad Nacional Santiago Antúnez de Mayolo, Perú

Aprendín que o camiño do emprendemento non é tan sinxelo como pensaba. Que é difícil, máis non imposible. E é esa dificultade a que fai que ao lograr un obxectivo ou meta sexa tan satisfactorio e gratificante. Algo así como percorrer 110 km camiñando e chegar a Santiago de Compostela

José Balanza. Universidad Privada de Santa Cruz de la Sierra, Bolivia