Benvido a Spin Way

Spin Way é un programa internacional que combina a tradición do Camiño de Santiago co talento da mocidade iberoamericana. Axudamos aos novos emprendedores universitarios a pór en marcha as súas empresas a través dunha vivencia única na que porán a proba a súa resistencia, os seus coñecementos e a súa capacidade de cooperación.

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con RedEmprendia, o Organismo Internacional de Juventud para Iberoamérica (OIJ) e o Instituto de Juventud (INJUVE) impulsan esta edición 2017 de Spin Way.

A inscrición a Spin Way é gratuíta e os participantes terán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención durante o desenvolvemento do programa. Adicionalmente, o OIJ brindará apoio económico para o desprazamento a España das persoas seleccionadas que viaxen desde América Latina.